– Indignada fuenteovejuna comezou a emitir unha serie de improperios, mentres sacaban os seus iphone e demais tecnoloxías máis ou menos punta, pero que tocaba á súa fin cos novos implantes cerebrais postos no mercado había só seis meses a uns prezos que polo de agora non permitían o seu acceso a todo o espectro social.
– Eu sabía que de novo a xenética lle xogara unha mala pasada, de novo xurdira ese afán que por medo mata o diferente, algo que non está nas túas mans vaiche causar a morte. Mais non lle dixen ren á policía.
– Parecíalle incríbel que utilizara ese patriotismo rancio cargado de medallas post mortem nunha situación como esa.
– Xa non collen os cadáveres, hai que empezar a incineralos, teño que falar cos militares.
– En realidade non hai heroes, a demagoxia instalouse entre os tapices das butacas. A voz de leviatán clamaba polo axustizamento dos evolucionados.
– A linguaxe mussoliniana levantaba as paixóns da masa temerosa.
– A batalla maniquea entre a auga e o lume converteuse en realidade tráxica.
– Sen mártires non hai progresos.
– Sabían que pola mañá, ao amencer, o dinosauro seguiría aí, agardando ser aceptado.
– (…), daquela pensou que a realidade que vivían agora era a realidade que quería crer.
– Quixestes vivir unha realidade ficticia. Si, Beda, a gran verdade é que vos negastes a recoñecer que Pandora abriu a caixa de todos os males e que esta vez tamén deixou fuxir a esperanza.
– En todas as mentiras hai ocos que se abren como unha chaga á que tocamos con teimosía.
– Agardo que nos atopemos algún día nun futuro nunha rúa buliciosa na que nin sequera nos miremos.
– Só cabe agardar miles de anos para unha nova evolución da especie.
Grazas Alba Payo Froiz.