Carlos Blanco volve a Londres con Menú do día.

menu_londres

Aí estamos, organizando dúas actuacións de Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila na Round Chapel de Clapton, en Londres.

Está sendo unha aventura, a verdade, moita xente implicada, moitas presas e moitas ganas.

menu_londres

Será o venres 13 de Novembre e haberá función as 17:30 (18:00 en realidade pero teñen planeado embebedar o persoal primeiro….)

Menú do Día é un espectáculo único onde Carlos conta mentres Luis debuxa.

LONDONERS! NON O PERDADES!

A Round Chapel ten como Overground máis próximo o de Hackney Central. Buses hai moitos: 253, 48, 106, 55, 254, 38…

As entradas están á venda na páxina web de Carlos Blanco e custan 14 libras. Veña e veña!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>