Menú do día: Carlos Blanco volve a Londres.

En este momento estás viendo Menú do día: Carlos Blanco volve a Londres.

Menú do día en Londres!

Aí estamos, organizando dúas actuacións de Carlos Blanco e o debuxante Luis Davila na Round Chapel de Clapton, en Londres.

Está sendo unha aventura, a verdade, moita xente implicada, moitas presas e moitas ganas.

menú do día

Será o venres 13 de Novembre e haberá función as 17:30 (18:00 en realidade pero teñen planeado embebedar o persoal primeiro….)

Menú do Día é un espectáculo único onde Carlos conta mentres Luis debuxa.

LONDONERS! NON O PERDADES!

A Round Chapel ten como Overground máis próximo o de Hackney Central. Buses hai moitos: 253, 48, 106, 55, 254, 38…

As entradas están á venda na páxina web de Carlos Blanco e custan 14 libras. Veña e veña!!!

A Round Chapel é unha igrexa redonda no barrio de Clapton. Non ten perda; é bonita e vistosiña. Non cheguedes tarde porque estaremos as escuras! O espectáculo require moi pouquichiña luz para conseguir ver ben os debuxos de Luis. Eu estarei na barra, co licorca e as estrellas. Non se paga con tarxeta así que traede moediñas soltas.

Dame moita ledicia repetir experiencia con Carlos. A primeira vez foi na Tin Tabernacle… Lembrádevos? Foi un cañonazo de actuación! (Nunca mellor dito… foi diante dun antigo cañon de guerra). Bos tempos!

Deja una respuesta

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Olga Pastor Alvarado.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.