- Este evento ha pasado.
A arte actual en Ourense
21/10/2023 - 10:00 - 13:30
A arte actual en Ourense é o nome que lle demos desde a plataforma cidadá “Non ao peche da UPO – Queremos UPO” a este paseo polas principais galerías de arte actual da cidade.
Comezamos o paseo na plaza Saco e Arce, na zona vella, onde Olga Pastor (eu) explicarei o papel das galerías comerciais no mundo da arte, os tipos que hai e por qué son tan importantes para os artistas e a súa filosofía visual.
Faremos, antes de empezar, un exercicio de concienciación visual, porque a arte actual hai que vela con ollos actuais, sen prexuicios nen expectativas estéticas predeseñadas.
Dodó Dadá
Despois, entraremos na galería Dodó Dadá da man da sua galerista Marita Carmona. Alí nos involucraremos no seu universo recén aberto (esta galería ten menos de un ano) e na exposición actual: “De volta a casa” de Tono Carbajo.
Visol
A segunda visita está na rua Santo Domingo. Dando un paseo nos dirixiremos á histórica galería Visol. Con Tareixa Taboada e Maricarmen Vidal Souto. Ademais de falar da súa historia como galeristas e dos seus fondos, teremos o placer de ver a exposición dos artistas Adrián Pandolfo e Trincado. Ata igual conseguimos que algún deles nos conte algunha cousa da súa obra!
Marisa Marimón
E a terceira cita, despois de outro paseo, é na xa histórica galería de Marisa Marimón.
Marisa é a galerista mais da vella escola da cidade, porque ademais de promover exposicións trimestrais, representa artistas actuais en ferias nacionais e internaconais. Trouxo e trae a Ourense arte que, de non se dela, non conseguiríamos desfrutar. Da súa vida e traxectoria falaremos moito, ademais de dos seus artistas. Tamén disfrutaremos da magnífica expo de José Quintanilla, que estou segura non vai deixar a ninguén indiferente. Chámase: “Entre raíces y ausencias”
Vai ser un roteiro excepcional. Teño moitas ganas… e sobre todo teño ganas de compartilo con xente interesada no mundo cultural da cidade.
Imos loitar por ela e con ela. Merecemos cultura.
Viva os museos, as galerías, as bibliotecas e todo o que nos nutre.