Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Carteis cartazes affiches

03/08/2023 - 19:30 - 30/11/2023 - 17:00

Carteis cartazes affiches

Carteis cartazes affiches 

A Fundación Curros Enríquez, en colaboración co Concello de Celanova e a Diputación de Ourense, acolle a mostra “Carteis cartazes affiches” de Baldomero Moreiras, comisariada pola consultora de arte ourensana Olga Pastor.

O evento, na sede da fundación en Celanova, mostra a traxectoria artística do artista en torno ao mundo do cartel conmemorativo e divulgativo.

Baldomero Moreiras (Celanova, 1955)

Un dos artistas máis emblemáticos da provincia. Ilustrou coa súa cartelería boa parte do entramado de festexos e eventos das diferentes vilas que a conforman. Ademáis tamén retratou a moitos personaxes ilustres da zona.

O título “Carteis cartazes affiches” ven dunha reflexión do artista sobre o nome internacionalizado do cartel en varias linguas. Escolleu neste caso o galego, o portugués e o francés, sabendo que entendemos perfectamente o concepto enunciado en calquera dos tres idiomas romances.

Nas paredes de catro estancias da fundación, poderemos disfrutar dos carteis que ilustran moi variadas temáticas:

Festas e eventos, onde recoñeceremos as mais famosas romerías da provincia e alén, cartelería comercial de marcas de viño, estampas de paisaxe de vilas e cidades, retratos de personaxes ilustres e incluso reivindicacións políticas.

A totalidade destes carteis están realizados coa técnica do collage artesanal. Moreiras crea os seus propios recortes e posteriormente compón e pega cada un deles. Os resultados son asombrosos en canto a color, textura e profundidade. A diferencia entre ver este tipo de obras nunha fotografía e ao vivo é pasmosa, por iso, recomendamos a todas as persoas que visiten a exposición.  Inaugurase o 3 de agosto.

No propio día da inauguración, haberá unha pequena festa onde disfrutaremos de música en directo, charlas dos implicados e a presentación dunha publicación recompilatoria destas obras.

 

Detalles

Comienza:
03/08/2023 - 19:30
Finaliza:
30/11/2023 - 17:00
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
, ,
http://www.currosenriquez.es/

Organizadores

Fundación Curros Enríquez
Concello de Celanova

Local

Fundación Curros Enríquez
Rúa Curros Enríquez, nº 37
Celanova, Ourense 32800 España
+ Google Map
Ver la web Local