“Fíos de Prata” de Alba Fernández no barrio do Couto.

En este momento estás viendo “Fíos de Prata” de Alba Fernández no barrio do Couto.

Fíos de prata Pop Up de ilustración no Couto.

Desde o 24 de Maio 2021 ata 24 Xuño 2021 tivemos unha mostra pop up marabillosa na tenda de Paloma “Cuadros y Molduras Marta

A ilustradora e arquitecta Alba Fernández foi a primeira do que esperamos sexa un proxecto expositivo continuado a nivel local.

“Fíos de prata” (Folla de sala)

Alba Fernández observa o mundo desde unha burbulla translúcida que flota a ras do chan e ten un buraco cuns anteollos.  Ela desde alí mira, analiza, debulla e, finalmente, ilustra un sentimento. O que Alba propón non é unha mostra de debuxos. É unha experiencia visual que case se confunde cun arrecendo familiar, coa lembranza táctil dun abrazo ou co sabor da auga salgada nun mergullo de fin de verán.

O simple dos seus trazos contrasta coa claridade da súa mensaxe. Delgados fíos que ilustran unha realidade de coidados, de ledicia e de liberdade. Fíos de prata que conforman unha vida posible.

Esta proposta artística invita aos espectadores a navegar por sentimentos e sensacións distintas e individuais. Son os ollos de cada un de nós os que activarán as obras e lles darán sentido.

Temos nestes escaparates cedidos por Paloma García Delgado, ao redor de 55 obras de pequeno formato delicadamente ilustradas con tinta china, lapis de cor, acuarela, gouache… e incluso unhas tesoiras.

Como método de ventas, usamos o método do punto colorado a tempo real:

“O xogo dos puntos colorados”

A mostra de ilustración “Fíos de prata” situarase en dous grandes escaparates a pé de rúa. Estes van cambiar de aspecto a tempo real, a modo de happening, coa participación das persoas afortunadas que adquiran un ou varios dos pequenos tesouros.

Cada ilustración contará cun punto colorado de substitución. No momento da compra, a obra sairá inmediatamente do escaparate e será substituída polo punto. Este cambio no escaparate, será feito pola propia persoa que compre e divídese en catro fases:

1- Escollerá a obra e pedirá un dos puntos colorados. Nese momento, o tempo detense e non poderá haber outra compra ata terminar o proceso.
2- Cun rotulador deixará constancia da súa compra cun parecer, un debuxo ou un pensamento escrito no punto colorado. Será un intercambio único que marcará un antes e un despois na súa relación artista/coleccionista.
3- Con axuda e supervisión de Paloma Delgado, xerente do local, retiran a obra escollida e colocan o punto colorado no seu lugar.
4- Nese momento, reactívase a mostra e os puntos colorados quedan a disposición do resto do público.

Desta maneira, a instalación irá continuamente mutando dándonos a oportunidade de experimentar o cambio de aspecto no espazo e no tempo.

E así mais ou menos foi:

Montaxe

Montaxe

Ventas en Fíos de Prata

 

Deja una respuesta

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Olga Pastor Alvarado.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.