Inauguración “Libro de Horas”: Discurso de Olga Pastor

En este momento estás viendo Inauguración “Libro de Horas”: Discurso de Olga Pastor

Inauguración da exposición “Libro de Horas” de Marita Carmona o 31 de xaneiro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense.

Discurso inaugural de Olga Pastor, comisaria e responsable de Marketing e comunicación.

Boas tardes a todas as persoas que estades aquí, grazas por encontrar o momento de compartir este día tan especial connosco.

Grazas Francisco González e Rosendo Fernández por apoiar a cultura desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel e concretamente por deixarnos este espazo marabilloso para mostrar a obra de Marita Carmona.

Estou contenta e orgullosa hoxe por varios motivos:

O primeiro porque a pesar de ter caído na rúa e ir ao hospital en ambulancia, conseguín estar aquí acompañando a Marita e desfrutando da inauguración. É só unha escordadura, nada grave.

Estou tamén moi feliz por ver que o traballo destes meses culminou nun proxecto tan potente e fermoso que colma todas a expectativas. Marita non é só unha artista… ídelo comprobar agora cando vos fale, se é que non o sabedes xa.

Marita Carmona é este lugar que vedes aquí.

Estes óleos, os debuxos e as instalacións que creou ex profeso para este espazo non partiron dela: son ela.

Quero que apreciedes comigo a grande inventiva desta persoa que con cada obra conta unha historia onde cada un de nós somos protagonistas. Estes seres que ela crea… son entes que forman parte de nós mesmas.

Son unha sombra… un malestar, un momento de euforia, ou alegría non mostrada. Son momentos de incerteza ou de segredos íntimos… Eses momentos en que esquecéndonos do demais, somos nós de verdade…

Esta mostra é un compendio de tres proxectos fiados por un eixo radical: A imaxinación como forma de supervivencia.

A imaxinación que crea pequenas ficcións ao longo das horas para ir pasando o día.

A miña obra preferida desta mostra, é aquela que pecha a serie desta parede. Fala das máscaras que poñemos as veces… non por maldade, pero por necesidade. Gústame que haxa unha escaleira… Ela usa moito a arquitectura como canle comunicadora. Hai escaleiras, portas, pontes e xanelas. Son o paso da luz que expón a realidade, ao mundo das nosas sombras… ese onde somos mais reais. Tardei en entender que ese mundo de sombras non é escuro… para Marita é clarividente e moitas veces tenro.

Ela vainos contar mellor todo isto, que se me poño eu non lle deixo nada.

Vouvos explicar, iso si, as tres partes que ten a exposición:

Libro de Horas, que da nome, é esta serie principal. Son obras dos dous últimos anos.

A serie que temos en fronte ten 15 anos e chámase “Deshoras”. É un precedente de “Libro de Horas”. Están ligadas en tema e situación. Unha é continuación da outra…

Por último, e como colofón, unha instalación que transiciona as dúas series. Trátase dun proxecto que ovaciona á poeta estadounidense Emily Dickinson. Unha interpretación visual de poemas. Un traballo moi pensado e ensaiado que debulla ese espírito salvaxe e libre dunha poeta que apenas saíu da súa casa.

Vouno deixar aquí, porque agora ela vai dar mais luz ás miñas verbas.

Antes de acabar, quérovos contar que outro motivo polo que me encontro moi feliz hoxe é porque está aquí David co seu viño biolóxico Orictes. Está aquí como amabilísimo patrocinador, a quen quero agradecer e animarvos a que lle preguntedes en que consisten ás súas viñas.

Marita, mil gracias por deixarme entrar no teu imaxinario. Pásoche a pelota.

Deja una respuesta

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: Olga Pastor Alvarado.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional: Puede consultar la información detallada en la Política de Privacidad.